Opinión

Reprobación, só de efecto político

CENSURA sen efectos técnicos, aínda que si políticos. Iso é unha reprobación. pásalle ao alcalde de Monforte e o ministro de Facenda agora, como antes lle sucedera aos fiscais xeral e Anticorrupción e os ministros de Xustiza e Interior. Aínda que as institucións non sexan comparables, o efecto é o mesmo: nulo para o funcionamento. Iso si, a crítica á xestión permanecerá como mácula, unha desaprobación da maioría dos representantes públicos que, pola contra, non poden argallar unha conxunción que os una como alternativa. Un rexedor ou un presidente poden seguir gobernando en minoría. E no caso do Parlamento, aínda que aí reside a soberanía popular, os nosos elixidos non teñen capacidade para obrigar un cambio de  un ministro nomeado por quen previamente foi proclamado polas Cortes. Reprobados, si; pero Tomé seguirá como alcalde de Monforte e Catalá e Montoro no Goberno.

Comentarios