Opinión

Receita que non está ao alcance de todos

META A IDEOLOXÍA nunha pota cunha boa présa de sentido común, agregue unha dose grande de empatía e abundante humanidade e remexa. Engada unha cullerada de respecto, unha porción de consideración e bastante sensibilidade e logo de ferver uns minutos e repousar terá un guiso ideal. Pero a receita que estes días se pode atopar sen necesidade de rebuscar moito non serve, claro, para os incapaces de prescindir da ideoloxía que os leva, por exemplo, a defender a retirada da sanidade aos inmigrantes, nun alegato ao xenocidio desa parte da poboación.

Nin os que sosteñen que a economía está por riba das persoas, ao estilo de Trump, Johnson ou Rutte, porque ao carecer de humanidade non poderán elaborar este prato. Tampouco vale para quen practica a caridade nin para os seus palmeiros, senón para os solidarios, que son os que comparten o que teñen, non os que dan o que lles sobra. Parece doado, pero esta receita non a poden elaborar todos.

Comentarios