Opinión

Pouca luz nesta friaxe

FRÍO é sinónimo de subida das tarifas eléctricas. Son as leis do mercado, e neste sistema liberal de obrigado cumprimento os gobernos teñen grosas limitacións, se ben algún resquicio queda neste proceso de transición ecolóxica. Por moi socialcomunista que sexa o actual, non pode nacionalizar por máis que o sector enerxético sexa estratéxico, pero si atenuar o problema. E desde hai un ano tempo tivo para afrontalo, cunha tarifa regulada que protexa sobre todo a familias vulnerables, un Ive reducido ou unha rebaixa dos impostos especiais, pero o Ministerio de Consumo nada moveu ao respecto desde que se creou, en contra do que defendía antes de chegar ao Goberno o seu titular. A ver se para a seguinte nevada, e así xa non sería criticado como desta volta, incluso por opositores que parecen non lembrar que o seu partido ocupara o gabinete anteriormente e nada solucionara. Non teñen luces abondo, nin uns nin outros. Ou mala memoria.

Comentarios