Opinión

Penalización por decisións xudiciais

OUTRA VEZ, e xa van ben delas, os tribunais europeos condenan a España. Pero desta volta non resolven contra xuízos inxustos —son maioría no cómputo do pasado ano dos elevados a Estrasburgo—, senón que se trata da vulneración de dereitos dos propios xuíces, porque non se protexeu a súa privacidade e permitiu a filtración policial de datos de 33 maxistrados cataláns asinantes dun manifesto soberanista. Ilexitimidade das forzas de seguridade que deberían protexer a cidadanía en vez de colocala aos pés dos cabalos por moi molesta que sexa e indecencia do medio de comunicación que reproduce o obtido ilicitamente. Decisións tendenciosas como tantas relacionadas cos xulgados, aquí e en calquera outro país, como hai nada en Estados Unidos cando o Supremo, nunha involución sen precedentes, revoca o dereito ao aborto. Pero hai que ter coidado porque tribunais superiores poden, como en dez ocasións en España en 2021, penalizar os veredictos.
 

Comentarios