jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

A paso de diésel en vez de en Ave

DE A CORUÑA a Madrid, 3 horas e 51 minutos; co mesmo destino, pero desde Lugo, 4 e 46, case unha hora máis estando 100 quilómetros máis preto. Estes son os tempos que figuran na análise publicada a fin de semana pasada sobre o servizo ferroviario. Unha parte da Galicia interior, a maioría da provincia, queda relegada. Neste caso coa alta velocidade á Meseta, ao que hai que xuntar que a unión da vella Lucus Augusti con Santiago ou A Mariña nin sequera se proxecta, só é unha idea que non chega ás institucións que deberían encargarse de dotar de infraestruturas de camiños de ferro unha provincia aínda deficitaria en autovías: a A-6 pasa porque ía camiño da A Coruña, pero completar a de Santiago aínda deberá agardar anos, a que vai a Ourense apenas avanza máis aló duns quilómetros entre A Barrela e Cea e a de Nadela a Monforte marcha aos poucos. Necesita mellorar, e rápido, como o Ave, pero progresa como unha locomotora diésel.

A paso de diésel en vez de en Ave
comentarios