Opinión

Os fíos do mundo

EXISTE, aínda que durante décadas quen sequera insinuaba que fose real era tachado de conspiranoico. O debate de quen controla o mundo non está entre estados, non, pois quen marca a axenda das grandes decisións é un ‘'imperio invisible'’, como así o cualificou Estulin; un grupo selecto coñecido como Club Bilderberg que leva medio século entre bastidores, pero decidindo o movemento planetario. Nesta xuntanza anual que supera en importancia a calquera cumio económico ou político dos representantes dos países máis poderosos está este ano o gurú ideolóxico de Ciudadanos e responsable en boa parte do seu programa electoral, Luis Garicano. Aquí tómanse as decisións que determinarán o futuro, aínda que oficialmente non transcendan informativamente porque unha das premisas destes privilexiados é a confidencialidade. Os demais son monicreques que se moven cos seus fíos.

Comentarios