domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

Mingua a soberanía estatal

IGUAL QUE as comunidades autónomas fraguadas na Transición serviron para mellorar a calidade de vida dos cidadáns, os efectos da integración de España na Unión Europea uns cantos anos máis tarde tamén proporcionou modernización a unhas estruturas anquilosadas. Nuns territorios máis que noutros, obviamente. Pero iso en canto á economía, porque en cuestións políticas a transformación da CEE en UE levou aparellado un transvase de poder dos Estados que non todos aceptan. Os máis nacionalistas en distintos países europeos rexeitan esa supremacía de Bruxelas e pretenden xa non emanciparse, pero si evitar que continúe a perda de autonomía. A extrema dereita de Hungría, Polonia, Francia, Italia e España únese contra o proceso federalizador cando a entidade supraestatal está nun semestre presidida por outro ultranacionalista, o primeiro ministro esloveno, pero a tendencia é minguar en soberanía, por moito que lle pese aos máis radicais.

Mingua a soberanía estatal
comentarios