Opinión

Mellor con Vox que con Ciudadanos

TEN CAPACIDADE para facelo, tras establecelo así o Estatuto autonómico. O presidente de Castela e León convoca eleccións anticipadas a pesar de que levaba meses dicindo que se había estabilidade non recorrería a esta prerrogativa. Pero cambia de idea por temor, asegura, a unha moción de censura socialista, o mesmo argumento que dera Ayuso en Madrid hai uns meses con exitosa fórmula. A diferenza entre ambos os dous parlamentos é que por lei o castelanleonés conformarase a partir de febreiro para unha lexislatura completa de catro anos e ao madrileño só lle queda ano e medio, porque deberá volver ás urnas con case todas as demais comunidades en maio de 2023. Mañueco chama a eleccións por interese propio, se ben a política ten os seus riscos, porque no mellor dos casos pasará de contar como socio con Vox en vez de co que tivo ata hai uns días, Ciudadanos. Será que considera máis doada a convivencia coa ultradereita que cos liberais. A saber.