Opinión

Medo a que un retoque leve á hecatombe

ACABA de constituírse o Parlamento, o máis atomizado desde que se recuperou a democracia. Esta parte institucional encargada de lexislar ten por diante a complicada tarefa de chegar a acordos que permitan maiorías, tan complicadas ou máis que para elixir presidente do Goberno. E se difícil é sumar 176 deputados, moito máis aínda alcanzar os 210 que marca a maioría cualificada dos tres quintos requerida para cambiar a Constitución, como ocorreu só dúas veces nos 41 anos de vixencia, para garantir a estabilidade orzamentaria que esixía Europa e para a adaptación ao tratado de Maastricht, que tamén impoñía a UE. Pero nunca se avanzou en asuntos que algúns partidos levaron nos seus programas como a reforma do Senado ou a igualdade de xénero no acceso á xefatura do Estado, entón falar de cambio de réxime é unha utopía, porque nalgunhas formacións políticas predomina o inmobilismo por temor a que se algo varía todo se derrube. E así non se avanza.