domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Madrid, outro mundo

Madrid, cidade outrora progre, volveuse carca. As últimas eleccións son sintomáticas, ao deixar o paso de Carmena pola alcaldía como un espellismo entre varios dirixentes conservadores. Tanto o Concello como a Comunidade están dirixidos por candidatos sen carisma algún, o que demostra un voto ideoloxizado. Así, calquera que se tivera presentado polo PP lograría o bastón de mando municipal e o cetro autonómico, contando, claro, con Cs e a xa imprescindible extrema dereita. Madrid parece rodeada dunha virtual muralla impermeabilizadora que non permite axexar o que ocorre fóra, por iso pode converter en dirixente a quen comete máis erros que acertos. As ocorrencias como que o concibido non nacido tiña que figurar na unidade familiar, as bondades do emprego de lixo e o orgullo polos atascos, Ayuso suma agora outra perla, que ninguén ten morto por contaminación. Danlle igual as evidencias científicas, porque ela e Madrid viven noutro mundo.

Madrid, outro mundo
comentarios