Opinión

Letras

ENGUEDELLAR, cavorco, pegureiro, purrela, carrelo ou moitas outras palabras que a RAG recolle da obra de Delgado Gurriarán vanse perdendo. Porque o idioma mingua en galegofalantes. As estratexias institucionais, se as houber, non resultan válidas, por falta de vixilancia normativa ou porque non se establecen outras máis efectivas, con permiso xudicial, que tamén ás veces neste campo en interpretacións maximalistas fagocita os avances lexislativos. Chanzos que se subiron para favorecer o uso do galego tivéronse que desandar pola politización por parte ás veces de grupos minoritarios pero con apoio implícito de partidos que só en aparencia amparan o idioma de Galicia, tan español coma o castelán, o vasco ou o catalán, aínda que deostado por formacións que incluso incumpren a única legalidade toponímica. Lorenzana e Sangenjo, oín non hai moito á representante dunha delas, e na Xunta, incluso de cara ao público, óese máis castelán que galego

Comentarios