Opinión

Contra o incivismo, coerción

MULTA POR levar a música a todo volume. Mellor iso que meter un megáfono no oído do condutor para pedirlle berrando que deixe de contaminar acusticamente, porque pode reaccionar coma o alcalde de Ourense cando unha sindicalista lle achegou á cabeza un altofalante con mensaxe reivindicativo. Este mes entrou en vigor no estado de Florida unha norma sancionadora de quen leve no coche música que poida ser oída a unha distancia de oito metros.Non é nada grave, por iso o castigo apenas supera os cen euros, pero debería servir de disuasión ao incivismo, como ocorre en calquera localidade por tirar desperdicios ao chan ou ouriñar na rúa; mesmamente en Lugo non hai fin de semana na que non se proceda a unha chea de multas por isto, e son centos os que quedan incólumes por non ser detectados. Segue existindo moito incivismo, e á parte da educación o xeito de aminoralo é con medidas coercitivas como esta de Florida.

Comentarios