Opinión

Grave problema pendente de solución

CANDO LOGO de pasado agosto se retome a actividade parlamentaria haberá asuntos que foron candentes e agora se poden dar por superados, aínda que queden repercusións. A lei de eutanasia, pendente de recursos, pouco máis percorrido pode ter; igual que os indultos aos arrestados polo procés, se ben a mesa de diálogo e a relación España-Cataluña seguirá como protagonista da crispada liorta política. Pero hai un asunto que nin o paso do tempo nin os cambios lexislativos solucionan, a violencia machista, que non entende de meses nin estacións e acaba coa vida de medio cento de mulleres cada ano en España. Durante o último estado de alarma de pouco máis de medio ano producíronse 25.000 detencións por este motivo, pero os partidos negacionistas miran para outro lado e os que buscan solucións non as atopan. E é imprescindible para minorar esta lacra, porque este si é un problema grave que se mantén de cara ao novo período de sesións.

Comentarios