martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

Fortaleceu o que pretendía minguar

A avaliación dos resultados electorais centrouse nas obvias vitoria socialista e debacle popular, ademais do crecemento insuficiente para o sorpaso de Cs ao PP e o retroceso contido de Podemos, así como o triunfo da esquerda sobre a dereita; pero a cita de hai uns días reflicte un fortalecemento do independentismo catalán e do nacionalismo vasco, separatistas uns mentres que os outros non hai máis que empurralos un chisco para que estean na mesma liña. A radicalidade contra eles tivo un efecto búmerang, pois nunca antes gañara ERC en Cataluña e con diferenza rotunda nunha xornada de masiva participación, e no País Vasco non obtiveron representación nin PP, nin Cs nin Vox e creceron PNV e Bildu. Por certo, en Cataluña, con 48 deputados en xogo, o PP só colleitou un, continuidade do desastre que tivera nas eleccións autonómicas. Fallou a estratexia, que vigorizou quen pretendía acurralar e nin sequera lle valeu para robustecerse no resto do país.

Fortaleceu o que pretendía minguar
Comentarios