Opinión

Falar do pasado

Volvemos ao século XX. No Parlamento español parece que as súas señorías teñen gran querenza polo pasado. Fálase de Eta, de Franco, ou incluso do MPAIAC, o grupo independentista canario que deixou as armas pouco despois da Transición. Certo que algún grupo político añora o vello réxime e outro que aínda segue enxalzando autores de atentados, pero nos dous casos, pola ultradereita un e pola extrema esquerda outro, están integrados xa no sistema democrático. 

É lóxico que segundo quen sexa causen malestar polas súas posturas, pero mentres non superen os límites legais son tan respectables como os demais. E á parte xa foron branqueados ao participar en pactos institucionais para formar executivos ou para gobernar, Vox en Andalucía, Madrid ou Murcia; Bildu en Navarra ou hai xa algún tempo en Vitoria cando o PP ostentaba a alcaldía. Eta está morta e enterrada e Franco tamén, neste caso dobremente, pero ás veces parecen avivecer.

Comentarios