Opinión

Excesos con morte contra minorías

UNHA LEVE leve infracción de tráfico acaba cun rapaz atravesado a balazos. Non idéntica, pero un pequeno delito que desencadea unha actuación policial con resultado de morte dun negro é unha escena que se reproduce en Estados Unidos a pesar de que o protocolo de actuación cambiou desde que dous anos atrás un home falecera asfixiado por un axente que lle premeu a gorxa cun xeonllo durante máis de oito minutos. Seica cambiou o xeito de actuar das forzas da orde no país pero aínda así o mozo desarmado abatido en Ohio recibiu ducias de impactos dos noventa contabilizados contra el por non deterse cando foi requirido. O asasinato en 2012 dun adolescente en Florida por un vixilante de barrio motivou unha mobilización xeralizada en todo o país e a creación do movemento Black Lives Matter, pero a pesar da repercusión social e política non conseguiu que se erradicasen os excesos policiais en Estados Unidos e sempre contra a mesma minoría.

Comentarios