Opinión

Estase indo

Aínda non se foi, pero moito non lle queda. Ou si, porque se ben as eleccións catalás estaban previstas para o 14-F e agora se pospoñen a maio, coa pandemia nada é definitivo. Por iso Salvador Illa non deixa o cargo, porque xa se viu o que aconteceu en Galicia e Euskadi, que os comicios fixados nun principio para abril acabaron celebrándose en xullo, tres meses nos que os presidentes acapararon protagonismo nas respectivas comunidades e as oposicións quedaron minguadas á mínima expresión mediática. Porque se non, non pagaba a pena continuar no Ministerio de Sanidade, pois só serve para achegar munición aos rivais, por moito que como calquera traballador deba cumprir coa empresa ata o derradeiro momento cando a cambia por outra. Ou ben que tanto este candidato como todos os demais recoñezan o incumprimento da normativa de só dúas semanas de campaña ao manter unha permanente. Máis ben será isto tamén.

Comentarios