Opinión

Español incorrecto

A VER SE así, con vídeos inspirados en TikTok, os mozos españois aprenden ortografía e os correctos signos de puntuación que polo comprobado nesa ou nas demais plataformas nas que compartir contidos non asimilan nas aulas. Quéixanse os nacionalistas uniformistas que eliminarían os idiomas do país que non son o castelán de que cos sistemas educativos de Cataluña, País Vasco ou Galicia os nenos corren o risco de descoñecer a lingua común, cando en realidade non saen de secundaria estes de comunidades bilingües con peor nivel que os das de fala única. Unhas irmás vascas, gipuzkoanas en concreto, son as autoras dun método de ensino das normas de escritura dun xeito lúdico, con historietas ilustradas, un taboleiro de xogo e pequenos vídeos que deberían servir para achegarse aos máis novos para que non se seguiran vendo as barbaridades idiomáticas en castelán que ateigan as redes, e iso non é por culpa das autonomías con dúas linguas.

Comentarios