Opinión

Enquisas para entretemento político

EN POLÍTICA o que hoxe é branco en días pódese tornar agrisado ou negrexar, por iso aventurar resultados electorais a anos vista é como predicir o tempo para o próximo lustro, o índice de erro é avultado. Cando as eleccións andaluzas lle deron a maioría absoluta ao PP a interpretación foi que achegaba este partido á Moncloa, e pode ser, tanto iso como o contrario, dependendo do que ocorra neste seguinte ano e medio, que institucionalmente é unha eternidade. Quen ía vaticinar que Rajoy perdería nas primeiras eleccións que se presentou?, no 2004; igual que a mediados do mandato anterior ningunha enquisa reflectía a reválida de Feijóo con maioría absoluta en Galicia, e mira. As eleccións na comunidade máis poboada de España impulsaron ao PP e minguaron a PSOE e Vox, certo, pero precisamente por todo o que está por acontecer, incluído outros comicios, prognosticar resultados para o 2024 é só un entretemento máis dentro da liorta política.

Comentarios