Opinión

Endosar culpas, arrogarse éxitos

A CULPA SEMPRE é dos demais. Se morrían miles de persoas por covid debido á falta de dotacións, a responsabilidade era do Goberno central, sen competencias na materia, en vez de quen as tiña. O mesmo ocorría coas residencias, que non eran xestionadas polo daquela vicepresidente senón polas comunidades autónomas, pero había que endilgar as faltas. Iso antes, e agora, se se produce unha revolta entre o persoal para denunciar as carencias que poñen en cuestión o sistema sanitario, cárgase a imputación á oposición por crítica e a Pedro Sánchez por existir. Trátase da apropiación do éxito, que en canto a xestión seica foi o de abrir os bares, e de endosar aos rivais os fracasos. E sáelle ben á presidenta madrileña, a teor dos resultados electorais e das previsións demoscópicas, tanto que se pode permitir descabezar o presidente do partido e marcarlle o camiño ao substituto, todo con aclamación cidadá, que lle aplaude ata os maiores desatinos.

Comentarios