Opinión

Efectos dun alonxado bater de ás

UN GRAN efecto bolboreta está producindo o achegamento dos cristiandemócratas de Turinxia aos herdeiros do nazionalsocialismo. Foi nun estado, pero está afectando a toda Alemaña, onde xa caeu a que estaba chamada a ser a substituta de Merkel como chancelera, á parte de xefa do partido. A dimisión do presidente do land, liberal apoiado por CDU e AfD, para facilitar unhas novas eleccións é unha peza menor comparado con todo o que está pasando no principal partido do país, que leva gobernando 15 anos e do que agora terá que emerxer un novo candidato para as eleccións do ano que vén, co problema de promoción que isto arrastra. E o efecto bolboreta segue, porque o bater de ás inesperado ata Turinxia levará o partido cara a dereita en política migratoria para frear o AfD, o que influirá no continente. Como se ve, en Alemaña pactar coa ultradereita págase caro. En Francia tamén sería impensable. Pero non todo é igual ca nos dous líderes de Europa.

Comentarios