MENTRES NON se asine non se pode dar por feito, pero desta volta parece que haberá novo CGPJ logo de máis de dous anos de prolongación indebida. PSOE e PP teñen encamiñado o órgano de goberno xudicial que vela pola independencia de maxistrados e xuíces tras ser elixidos polas Cortes.
Hai tempo xa se estivera preto da renovación, só faltaba a rúbrica, pero ao transcender a satisfacción do PP co acordo porque así podía controlar unha sala do Supremo "pola porta de atrás", dicía, volveuse a punto morto. Agora é máis complexo pola división parlamentaria pluripartita, non coma cando no bipartidismo se bastaban socialistas e populares, o que non cambia é que o CGPJ reflicte o reparto político no Congreso, menos estes dous últimos anos de bloqueo, nos que segue como presidente o exdirector de Xustiza de Aznar.
Desta vai, porque o PP non quere quedar á marxe doutros órganos en xogo, como o consello de CRTVE, e todo está no mesmo paquete.