Opinión

Desprezos machistas

RETÍRAO, pero manteno. Rectifica o desaforado ataque machista a unha ministra, á que ningunea por ser muller, pero persevera en que en Podemos as féminas ascenden como recompensa a escuras prácticas. E aí segue, no Parlamento. Comportamento machirulo que simboliza o de tantos outros millóns que amosan aberta oposición á loita pola igualdade.

Cando boa parte do país se despertaba aflixido polo relato dos presuntos malos tratos sufridos por Rocío Carrasco durante a súa relación con Antonio David Flores, o deputado do PP Diego Movellán recorreu a un conto dos Irmáns Grimm protagonizado por unha moza de inmensa trenza para desprestixiar a quen dentro de nada será vicepresidenta do Goberno. Contradición de defender que a muller chegue a postos representativos por méritos e non por cotas, pero se alcanza o obxectivo seica é por un favor masculino. En que quedamos? Quedamos na incongruencia, e no desprezo á muller.

Comentarios