Opinión

Desigualdades, hoxe e todo o ano

AS mulleres traballan máis horas que os homes e perciben menores ingresos. Non é esta unha frase histórica, é un aserto actual. En Galicia, entre pensións e salarios masculinos hai anualmente unha diferenza de 4.500 millóns de euros sobre os femininos, un desfase contra o que se rebelan colectivos reivindicativos da igualdade pero que baten contra outras entidades que ao non opoñerse defenden que se manteñan estas discriminacións, e por riba fan campaña a través das redes sociais contra un día coma hoxe que reclama un futuro igualitario. Xa o pasado ano algúns partidos arremeteron contra esta protesta, que non festa porque nada hai que celebrar, como responsable de todos os males do país polo que trouxo despois o covid, cando o que encobren con iso é un inmobilismo contrario á equidade, un ataque ao feminismo en canto defensor da igualdade e os dereitos das mulleres. Arremetida non só hoxe; todo o ano, para que siga a discriminación.

Comentarios