Opinión

Derribos internos

OCORREU unha manchea de veces. Desta volta tamén. Os propios deputados do seu partido foron os que fixeron caer a Boris Johnson. Igual que sucedera con tres dos seus últimos catro predecesores conservadores, Margaret Thatcher, John Major e Theresa May, só se salvara David Cameron, que dimitiu logo de que Reino Unido tomara en referendo a decisión de abandonar a Unión Europea. Sen parangón en España en canto a presidentes de Goberno, se ben nos dous grandes partidos si se produciron, e non hai moito, revoltas que remataron coa remoción dos líderes, hai seis anos os socialistas obrigaron a Pedro Sánchez a deixar a secretaría xeral —que recuperou despois e con impulso para gañar as eleccións— e meses atrás os populares empurraron a Pablo Casado a abandonar a presidencia, derrotado na súa guerra con Ayuso na que gañou Feijóo. Derribos orgánicos, non institucionais, porque España non é dado a destrucións internas tanto como en Reino Unido.

Comentarios