Opinión

Un dereito para quen queira exercelo

PAÍSES BAIXOS, Bélxica, Luxemburgo, Canadá e Nova Zelandia. E agora España convértese no sexto país en contar cunha lei de eutanasia. Só se opuxeron co Congreso PP e Vox, cando arredor do 80% da sociedade apoia a regulación, segundo as enquisas, o que significa que un bo número de votantes destes partidos apoian a regulamentación. Xa pasaron 22 anos desde o falecemento de Ramón Sampedro, ariete en defensa dunha morte digna voluntaria que supera os coidados paliativos integrais que si están establecidos. E mesmo o ano pasado Ángel Hernández tivo que enfrontarse a un proceso xudicial por axudar a morrer a súa muller enferma terminal de esclerose múltiple. "Non lle perdoo a ninguén que morra xente sufrindo", dicía ao non entender que houbera oposición a un dereito establecido só para quen queira exercelo, en contra da obriga de vivir a quen non quere con sufrimento insoportable sen perspectiva de curación. É humanidade.

Comentarios