Opinión

Deportistas pouco deportivos

SE GAÑAN os seus son os máis democráticos; pero se non é así, reclaman que se estableza á forza un executivo alternativo aínda que non estea lexitimado nas urnas. O ex-futbolista brasileiro Donato da Gama (inmigrante nacionalizado español residente en Oleiros) apela ao Exército para que o vencedor das eleccións non asuma o poder aínda que máis de 60 millóns de cidadáns optaron por Lula fronte a 58 millóns por Bolsonaro. Saír á rúa para esixir un golpe de Estado é a solución antidemocrática que formula este ex-deportivista mediocentro no campo de xogo e extremo dereito en ideoloxía, requirinte sen recato dunha intervención militar. Por aquí o seu correlixionario tamén deportista Pepe Reina tampouco é demasiado deportivo ao alentar que os tanques saian ás rúas contra o Goberno lexítimo, e conminando aos españois a "despertar", que se supón sería para defender a ditadura dos que pensan como el. Antidemócratas visibles, e libres.

Comentarios