Opinión

Cuestión de igualdade

Iso de que en España a lei nos iguala é só a letra gorda. Queda bonito pero a realidade é ben distinta. Recordemos o trato dado á muller de Urdangarín e a do seu socio no caso Noos. Ou Isabel Pantoja, que entrou na cadea cando só foi condenada a dous anos, que é o pactado polos delincuentes para librar dela. E situacións semellantes hai abondo. Hai pouco os líderes dunha manifestación foron condenados a unha ducia de anos de cadea por sedición por considerala gravísima; porén aos participantes nunha diante do Congreso permitíuselles a cara tapada romper o cordón de seguridade e ameazar deputados, mulleres sobre todo, a algunhas con insultos graves, que evidentemente nada tiñan que ver co motivo da reclamación. Todos recordamos cargas policiais no mesmo recinto por bastante menos, pero parece que existe algún sector laboral que está por riba dos demais, cunha transixencia sen parangón con ningún outro. Para cuestionar a igualdade.

Comentarios