Opinión

Cousas de homes

"Nada, que non tiñan que xogar, que o deberían prohibir; estas feminazis que queren a igualdade". Así, a micrófono aberto, oíuse unha voz no descanso dun partido de fútbol feminino. Era nun Real Madrid-Éibar da máxima categoría en España, como podía ser noutro calquera, ou na final da Champions que o Barcelona ven de conseguir ao derrotar na final ao Chelsea. Equipos todos eles, estes catro, de clubs que tamén teñen as súas seccións masculinas. Estas, en casos como o do comentario, vense con normalidade, como se o fútbol fose exclusivo de homes, e rexéitase, polo oído, entre mulleres, porque aínda queda na sociedade un pouso rancio de asignar tarefas segundo sexos, mantido por unha extrema dereita polo que se ve electoralmente bastante poderosa na defensa da inferioridade feminina, agresiva contra o feminismo en tanto que contraria á igualdade. Vergoñento no persoal polo dito no partido e desprezable socialmente por extensión.

Comentarios