jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Contra a opinión cidadá

MAL GOBERNANTE é quen toma decisións contrarias aos intereses dos cidadáns. O 70% dos españois defende a reforma da Constitución. Así o reflicte o barómetro do CIS. Entón os partidos que se opoñan estarán en contra da maioría e polo tanto lonxe de ser representativos. Xa non vale manter un pechado valado no que non entre ningunha iniciativa de cambio, por moi sacrosanto que sexa o seu interior. Non se fala de redactar unha nova carta magna, senón de actualizala, e non ás agachadas como ocorreu dúas veces nos seus 40 anos de existencia para adaptala ao que pedía Europa, co tratado de Maastricht (1992) e a estabilidade orzamentaria (2011). O inmobilismo que algúns enarboran por temor a que coa apertura da fiestra entre tanto aire que arrase a casa como furacán xa non é xustificable porque a maioría require transformación fronte a anacronismos, porque o país dista moito de ser o de 1978.

Contra a opinión cidadá
Comentarios