Opinión

Continuará

IGUAL QUE o virus que nos empezou a golpear hai case nove meses chega a este ano, varios son os asuntos candentes que non remataron co infausto 2020. Pechados os orzamentos que facilitarían o sosego gobernamental non só de 2021 senón que se poden estender a toda a lexislatura, moitos outros temas continúan abertos, e algúns tan transcendentes como a división territorial e o sistema político, nomeadamente Cataluña e monarquía. No primeiro caso porque nin as sentenzas pasadas nin os indultos futuros suturan unha ferida que leva aberta séculos, e nin por unha parte nin a outra se consegue pechar, e no segundo porque os partidos están ancorados uns no medo a calquera cambio e na beira oposta empurran outros para provocalo. Aínda non parece o momento axeitado para a mudanza, pero a figura permanente do rei emérito por moito que estea a miles de quilómetros sobrevoará un ano no que non só a pandemia marcará a axenda.
 

Comentarios