Opinión

Contas políticas máis que numéricas

OS NÚMEROS non son asépticos, os orzamentos arrastran unha carga política considerable e a súa aprobación depende da posición dos partidos do arco parlamentario cando, como neste caso en España, non existe unha maioría consistente. E esa postura ás veces non está relacionada cos díxitos, porque se así fose, cunhas contas que contemplan un notable incremento de gasto social e un crecemento substancial en Cataluña, ERC debería votar a favor, por ser de esquerdas e catalán, pero a decisión final vai obedecer máis a algunha chiscada gobernamental socialista que ás cifras. De outros, xa se sabe do seu sufraxio contrario, por máis que Pedro Sánchez lles reclame un cambio de actitude, e aínda que os orzamentos fosen os axeitados segundo o seu ideario, os socialistas non poderán contar co respaldo de PP e Ciudadanos. E máis problemático é aínda o sentido do voto do PDeCAT, pois nin el mesmo o ten claro, e non polos números.

Comentarios