Opinión

Consumo sobre vida

Non son eu quen de aconsellar o que se debe facer ou non para evitar contaxios por covid. Nin na Semana Santa nin despois. Os expertos tampouco o sabían durante todo este ano no que as máscaras pasaron de aconsellables a obrigadas na rúa ata selo en todas partes, á parte de outros vaivéns nas tomas de decisións que facilitaron ate tres ondas pandémicas. E menos o entendían persoas sen coñecementos médicos que aínda así defendían hoxe a postura contraria á do día anterior. Pero obvio é que se se relaxan os comportamentos recuaremos, aínda que a algúns parece non importarlles unha nova vaga na transmisión, como en Madrid, con preto de 15.000 mortos e a comunidade peninsular de maior incidencia, con turismo de borracheira nunha capital con mínimas restricións, porque o importante é o consumo e asúmese con normalidade a morte, aínda que eses mesmos que gozan das festas alleos ao perigo que representan acusan as autoridades de xenocidas.

Comentarios