Opinión

Compracencia contida e dura reprimenda

DISCURSOS en positivo e satisfacción nos partidos que apoian gobernos e duras arremetidas por parte dos opositores. Sempre é así sobre os orzamentos. Desta vez non foi excepción, aínda que a compracencia en Galicia é contida por parte do executivo amigo, se por amigo consideramos compartir siglas, porque realmente desta vez quen elaborou as contas tivo outros condicionantes por riba da cercanía partidista. Había que contentar a Cataluña, cun esforzo inversor que atenúe a prédica independentista de maltrato; a Euskadi, e atraer así o imprescindible PNV para a aprobación no Congreso, e a Canarias, pola suma necesaria de CC e quizais de NC. Entón é lóxico que Galicia sufra unha tesoirada do 32%, por moito que nos pese por todo onde hai que investir. E por riba unha boa parte do comprometido o ano anterior quedou sen executar. É o malo de pintar pouco no panorama político estatal.

Comentarios