Opinión

Competidores na fase de clasificación

Susana Díaz felicita a Juan Espadas. RAÚL CARO
photo_camera Susana Díaz felicita a Juan Espadas. RAÚL CARO
NO PARTIDO entre competidores políticos disputado este pasado domingo gañaron as esquerdas. Non hai moito, noutra xornada, as vencedoras foron as dereitas. Antonte foi un encontro de clasificación de cara a unha fase final (eleccións en Andalucía e no horizonte as xerais), mentres que o do primeiro martes de maio estaba en xogo un título (Madrid), erguido polo PP sobre as cinzas de Ciudadanos e o apoio de Vox. Este domingo foi ben distinto, sen foto conxunta en Colón nunha concentración minguante de liderado difuso as dereitas perderon protagonismo; mentres, o candidato de Sánchez impoñíase con claridade a Díaz para alivio de Ferraz e da Moncloa, e a sucesora de Iglesias aproximábase ao 90% da militancia inscrita de Podemos para manter unha bicefalia a modo da que sempre tivo o PNV, a de separar o líder do partido do candidato á presidencia. Os títulos son os que contan, pero para chegar a eles hai que ir superando as competicións previas.

Comentarios