Opinión

Cambio social por denuncia de acoso sexual

SÉGUENSE producindo, pero a denuncia por acoso sexual dunha muller ao seu xefe facilitou cambios cos que tremeu un hábito permitido, un abuso de poder que publicamente ninguén cuestionaba e privadamente era admitido. Pasaron vinte anos desde que unha concelleira levara ante os tribunais o seu superior xerárquico, o alcalde que a nomeara para o cargo. O proceso rematou con condena, a primeira a un político por ese delito. Era unha vitoria penal, pero representou a derrota social para a protagonista, que tivo que abandonar España logo de soportar que o fiscal lle reprochara o seu comportamento, pois segundo el era normal que os homes tocaran o cu ás súas subordinadas, que debían aceptalo sen queixarse. Pois non, nin daquela nin antes se debería permitir, pero ocorría, e cousas peores. En cinco anos contabilizáronse 600.000 denuncias por violencia contra a muller. Dúas décadas despois aínda perviven ben infraccións machistas a pesar do cambio social.

Comentarios