Opinión

Cainismo, agora e sempre

Non pasa de loitas polo poder interno, por mandar no partido ou nunha parte del. En Madrid, en Galicia, en calquera recuncho. A pugna polo liderado do PP madrileño entre a presidenta da comunidade e o alcalde entra dentro da normalidade, incluído que detrás mova os fíos Casado para evitar que Ayuso acumule un protagonismo que lle restaría a el. O do poder omnímodo ocorre raramente, hai poucos como Aznar, pois ata Feijóo tivo o contrapeso territorial de Baltar. Pola contra en Galicia o PSOE nunca tivo líder, e así lle foi, a pesar de numerosas e importantes alcaldías que atesourou. Agora anda en liorta, se é que algunha vez abandonou a pelexa interna pola subsistencia máis aló da dependencia centralista. Un secretario xeral que non quere deixar de selo fronte a un aspirante interposto para volver ao punto de partida en época distinta tras alivio xudicial. Cainismo aquí, alá e acolá por dispoñer na casa antes de poder gobernar o de fóra.

Comentarios