miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

Ataque ante unha difícil defensa

RECORREN AS organizacións ultracatólicas á máxima que deixou Sun Tzu escrita en A arte da guerra hai 25 séculos de que a mellor defensa é un bo ataque e nos últimos anos lanzáronse a denunciar calquera creación artística que poña en cuestión a relixión en base a ofensa ás crenzas. A Igrexa afronta unha crise sen precedentes debido aos abusos sexuais a menores descubertos no seu seo, que crece como bóla de neve, pero en vez de colaborar en que todo se esclareza para limpar de pederastas a comunidade cristiá, algunhas entidades radicais arremeten contra calquera crítico, como quen escribiu a palabra maldita con hostias sagradas. Dificilmente prosperan as denuncias por ofensas á relixión, porque é complicado protexer sentimentos xudicialmente, pero os acusadores xa lograron o seu cometido de propagar a infundada idea de incremento de anticlericalismo, o bulo de que os artistas son cada vez máis extremistas. Extremista e terrible si é a pederastia.

Ataque ante unha difícil defensa
Comentarios