Opinión

Amizades cada vez menos perigosas

UTILIZAN os pactos para menoscabar o rival, pero non atopan cidadanía disposta a cambiar de bando polas amizades de cadaquén; o seu éxito político é mínimo, tempo perdido. Porque por un lado a extrema dereita e por outro a extrema esquerda incluso con delitos de sangue xa están branqueadas. Insisten en cada oportunidade que teñen os partidos de dereita, e os voceiros que os replican, en referenciar o sustento dos herdeiros de Eta ao Goberno de Sánchez, cando unha vez desaparecida a banda terrorista e entrado no sistema institucional xa se admiten como un máis, por moito rexeitamento que atopen en sectores que sempre amosarían a mesma tendencia electoral. E con Podemos tamén. E pola esquerda igual sucede co ultracionacionalismo, condescendente co franquismo e aceptado como socio, algo que non renxe entre os aliados e pola contra recibe críticas de quen nunca o votaría. En política xa non hai amizades perigosas, todas valen.

Comentarios