Opinión

O adianto electoral só beneficia a un

RECLAMA toda a dereita que se celebren eleccións xerais, pero a algúns partidos, aínda que o proclamen, non lles interesa. De ser xa a convocatoria, como todo parece indicar, o único beneficiado é o último en chegar, polo que Cs e, sobre todo, o PP, mellor lles sería agardar polo menos que rematase o previsible longo xuízo polo procés, onde Vox terá un altofalante perfecto para converter a súa acusación particular en propaganda, como se estivese xa en campaña. Ciudadanos, por moito que pretenda ser transversal, por ter pactado co PSOE e co PP, xa non poderá arrancar a etiqueta de dereitista logo da fotografía na manifestación do domingo, por moito que Rivera se separara de Abascal. Pero a nacionalista, que era a súa principal baza, xa non pode competir con Vox. E o PP aínda non asentou o liderado de Casado, tamén inclinado cara o extremo. Así, o único interesado en eleccións anticipadas é o máis radical, por moito que outros tamén as esixan.

Comentarios