sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Acabar co Goberno antes que co virus

DÍXOO Cristina Almeida e os últimos comportamentos políticos cárgana de razóns. Nalgúns sectores existe maior desexo de acabar co Goberno que co Covid, como se non se decataran de que queda toda a lexislatura por diante, e así para os opositores farase longo, se de votar falamos. Isto pode ser esgotador, e non só para o Executivo, senón para a maioría dos cidadáns, que o que menos queren é crispación, pero parece que vai ser a tendencia destes anos. De entrada, Vox xa celebrou manifestacións o sábado, daba igual o argumentario. É secundario o que fagan presidente e vicepresidente, xa son atacados sobre todo ideoloxicamente por formar un gabiente «socialcomunista», certamente así é, saído do Parlamento sede da soberanía, pero o barrio madrileño de Salamanca como epicentro non o acepta e ata se alzan voces que reclaman poñerlle remedio xa, e non precisamente polo método do sufraxio, porque para iso haberá que agardar o 2023.

Acabar co Goberno antes que co virus