Opinión

A bolsa ou a vida

TRÁTASE da economía liberal na que estamos, da que por aquí é principal estandarte a UE e por aló o presidente estadounidense. Pero na Europa na que exclusivamente importa a bolsa, atenúase con medidas de benestar para a vida. Nos Estados queda marxe coa que gobernar para a xente dentro do marco dos mercados. Que nesta crise haberá (xa hai) un deterioro considerable na economía é unha evidencia, pero tamén que hai gobernos que  pretenden preservar a vida das persoas por riba de manter o PIB, e cando xa non esteamos en alarma nin emerxencia sanitaria, verase se as institucións optan pola vida, cun reparto máis equitativo da riqueza, ou pola bolsa, co favorecemento exclusivo do mercado de valores. Falaba hai uns días de que este transo fomenta aprendizaxes, como a necesidade de favorecer a sanidade pública en vez de recortala, pero dubido de que leve aparellado un cambio de principios que amparen os cidadáns sobre os beneficios.

Comentarios