Opinión

17 de maio

MENTRES QUEDEN nativos en Galicia que presuman de non falar galego, fachendeando así da súa ignorancia, haberá moito que reivindicar neste día das letras, unha data de discriminación positiva para unha lingua minusvalorada á que legalmente non se lle permite preponderancia coa que axudar á súa recuperación e espallamento e poder así equilibrar o uso coa outra fala oficial. Unha recente sentenza contra a ordenanza do uso do idioma galego no Concello de Lugo aprobada por todos os partidos hai catro anos reflicte esta imposibilidade. Mentres un alumno universitario galego renegue do idioma de aquí e pola contra volva orgulloso de entender ou mesmo falar catalán logo dun ano de Séneca en Barcelona queda camiño quilométrico por andar. E mentres nin na Xunta o galego sexa o idioma de primeira resposta resta un mundo por avanzar en dignidade na senda da igualdade.

Comentarios