Opinión

Non é sen tempo

AÍNDA NON era eu xornalista cando escribín por primeira vez que a aldea de Piornedo ía ter alumeado. Pareceume incrible que non houbera, pero despois descubrín que era demasiado común. Co tempo tamén aprendín que era habitual mentir niso das obras. Xa levo 20 anos licenciada e só esta semana puiden escribir que finalmente lle están poñendo luz. Iso si, de baixa intensidade, non vaia ser que a xente vexa de noite. Tamén están coa rede de saneamento, que non chegaba ao hotel nin á fábrica de embutidos. Non vou falar da hora á que limpan a neve no inverno nin de cando pechou a escola, pero que ninguén me pregunte por que baixa o censo.

Comentarios