Opinión

O tempo dános a razón... (e quítalla á alcaldesa)

Desde que o grupo municipal de Ciudadanos entrou a formar parte da Corporación, no ano 2015, sempre fomos moi críticos coas irregularidades e ilegalidades que en xestión económica e de persoal lévanse a cabo desde hai anos no noso concello. Así o manifestamos en múltiples ocasións, do mesmo xeito, que o evidenciamos coa nosa negativa ante aprobacións dos orzamentos, suplementos de crédito  e ante os millóns de euros pagados con reparo de legalidade. Nunca miramos para outro lado cando o Goberno socialista pretendía aprobar algo que non cumpría coa lei.

Foron anos nos que este Goberno, a través da alcaldesa de Lara Méndez, dirixiu ataques cara o noso grupo  inxustificados. Comentarios como "o grupo do non polo non", acusounos de "non querer á cidade" e  de ser "o grupo do bloqueo". En moitas ocasións, incluso dixo que mentiamos. Pero nos sabemos que estabamos a facer o correcto, e que a nosa labor de oposición, de fiscalización e control da acción do goberno,  leva implícita denunciar a mala praxis que este goberno mantén como norma.

No pasado pleno, a alcaldesa Lara Méndez presentou un plan de acción para os vindeiros meses. Un plan encamiñado, segundo palabras textuais, "a poñer freo aos incumprimentos legais, emendar deficiencias, debilidades  e corrixir erros" postos de manifesto pola Intervención Municipal. Coa aprobación deste plan non puido deixar máis claro quen mentía e quen non. Xa que este documento evidencia todo o que  estamos a denunciar0 pleno tras pleno: as deficiencias en materia de persoal, a necesidade de homoxeneizar  criterios para outorgar subvencións, as necesarias medidas para o control dos contratos menores, ou a falta de transparencia, que segue a ser unha materia pendente deste goberno desde a entrada en vigor da Lei de Transparencia no ano 2015.

Desgraciadamente este plan chega tarde e súa execución non é vontade do Goberno, se non unha imposición dos habilitados nacionais, porque ata o de agora nin sequera foron quen de recoñecer este conxunto de irregularidades. Resultaba inexplicable a absoluta impunidade ante este tipo de feitos e a ausencia de autocrítica. E sobre todo a capacidade de defender a súa acción, ao marxe da legalidade, sen poñerse, polo menos, colorados. 

Agora queda ben claro quen leva querendo desde sempre que Lugo conte cunha administración eficiente, eficaz e que cumpra coa legalidade. Hoxe, simplemente, queremos darlle as grazas a Lara Méndez por recoñecer, por escrito, que Ciudadanos sempre fixo o correcto e sempre defendeu os intereses da cidade e deste Concello, custase o que custase.

Comentarios