Opinión

Galicia non é lugar para vellos?

O SEÑOR Benito ten 85 anos e unha congoxa. Cre que o Sergas non o trata todo o ben que se debe despois de toda unha vida traballando e cotizando. Estima que se merece ter unha atención médica máis digna, como a da súa neta de 12 anos cando estivo ingresada hai pouco tempo e beneficiouse dunha morea de probas, exames, análises... ata que deron co seu problema, sen reparar en gastos. O señor Benito non se atopa ben, pero nas revisións fanse a maula e achácano todo «á idade». Sospeita algo terrible, que só por ser vello non se merece o mesmo trato que os mozos, que aínda teñen por diante toda unha vida para cotizar parte do seu salario ao sistema. É horrible que o señor Benito pense isto, non si? Aínda que máis espantoso sería estar no seu caso, ou son só as imaxinacións dun vello galego?

Comentarios