Opinión

Cae o pano en San Marcos

FOI UNHA obra brillante, sen fisuras, executada de forma maxistral por un elenco de actores de primeiro nivel, cun guión ben estruturado que mantivo a intriga ata o final e un público entregadísimo que soubo recoñecer o esforzo de todos os implicados na que xa será, sen dúbida, a comedia do ano. Se tivese que buscarlle un defecto, quizais botei de menos a paixón dese bico final que sempre pechaba os filmes clásicos. Por exemplo entre Darío Campos e Elena Candia, ou mesmo entre Martínez e Veiga... Pero como ocorre sempre con todo o bo, non dura eternamente. A moción de censura na Deputación de Lugo rematou e o pano caeu en San Marcos. Para desgraza do espectador, empeza unha época de aburrimento absoluto na que os políticos se van dedicar a facer política, sen darse de conta de que o que se lles dá realmente ben é o teatro.

Comentarios