Opinión

Premios Otero Pedrayo 2019

O venres pasado fíxose entrega do premio Otero Pedrayo 2019 a dous ilustres lucenses. a cerimonia, celebrada no pazo de san Marcos, alterna anualmente por instalacións das catro deputacións galegas, que se encargan de organizar cada edición en colaboración coa Xunta de Galicia. o premio naceu no 1977 para lembrar as inmensas achegas de don ramón otero pedrayo á lingua e a cultura de Galiza e para recoñecer a institucións e persoas físicas que traballan polos mesmos fins no momento actual. o xurado está composto por representantes das catro deputacións, as tres universidades, a RAG, o Instituto padre sarmiento e persoas independentes designadas pola Xunta de Galicia con "solvencia científica e literaria". 

O premio, encetado por Carlos Casares no ano 1977, recaeu este ano ex aequo nos lucenses Ramón Villares e Paco Martín. a distinción, que conta co aval de moitas edicións e é dos primeiros galardóns creados para premiar a cultura galega, conta cunha contía económica de 16.000 euros e foi recibida por outros lucenses egrexios como Antía Cal, Margarita Ledo, Arcadio López-Casanova, Basilio Losada, Río Barxa, Manuel María e Uxío Novoneyra, entre outros moitos. 

Paco Martín naceu no barrio lucense de recatelo en febreiro de 1940. Foi mestre ata o ano 2000 motivo polo cal tería un contacto directo co público ao cal se entregaría na súa escrita, consciente de que só cultivando as novas xeracións garantiriamos un futuro digno para o noso idioma. Falar de paco Martín sen falar de Lamote semella difícil porque foi co libro Das Cousas de ramón Lamote (publicado no 1985), premio nacional de literatura infantil 1986, co que adquiriu proxección internacional (grazas ás múltiples traducións realizadas), sendo un éxito de vendas en Galiza. pero paco Martín non é autor dunha soa obra. aínda que o éxito de popularidade de Lamote puidera eclipsar o resto da súa obra, paco é un prolífico escritor en lingua galega que ademais de cultivar con fruición a literatura infanto-xuvenil ten numerosas publicacións de narrativa e etnografía.

Por outra banda, paco é un home xeneroso, altruísta e implicado, sempre disposto a colaborar polo ben da cultura de Galiza. de xeito desinteresado viñera ao Corgo o 18 de marzo de 2011, convidado pola asociación cultural Arumes do Corgo, dentro do seu Club de Lectura no que ademais de comentar co público o primeiro libro de Lamote, analizara a continuación feita no 2008, e ilustrada por Balboa, Das novas cousas de ramón Lamote

O outro galardoado, Ramón Villares, nado en Cazás (Xermade) en xaneiro do 1951, ademais de ser un gran estudoso da obra do seu homónimo (Otero Pedrayo) destaca por ser autor de máis de cinco ducias de publicacións. ramón é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, foi decano da facultade de Xeografía e Historia, reitor magnífico da universidade compostelá e presidente do Consello da Cultura Galega ata o ano pasado, entre outros moitos importantes cargos. o ano pasado recibía tamén o premio Cultura Galega de proxección exterior polas múltiples achegas deste ilustre chairego. 

Paco Martín lembrou no seu discurso que no seu día foron candidatos, sen premio, os escritores Xabier Docampo e Agustín Fernández Paz. Sen dúbida calquera dos dous fixeron méritos dabondo nas súas vidas para recibir o galardón, como tamén Francisco Carballo e Xosé Chao Rego, que outros defendemos hai xa anos e que tampouco tiveron a sorte de contar co apoio suficiente. ningún dos catro poderá recibilo porque finaron entre os anos 2014 e o 2018, pero os motivos dos desencontros quedarán no baúl das lembranzas vendo como outras institucións si tiveron consideración coas devanditas figuras. Como diría un bo amigo: "terra levis sit".

Comentarios