domingo. 13.06.2021 |
El tiempo
domingo. 13.06.2021
El tiempo

Véspera de festa

Este ano temos pois a ocasión, tamén grata e feliz, de celebrar que outra muller, Xela Arias, despois de María Vitoria Moreno Márquez, Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño, sexa o centro da festa cultural de Galicia

O vindeiro luns celebraremos o Día das Letras Galegas, que nesta edición ten a Xela Arias como protagonista. Estamos, pois, en vésperas dun festival que alegra o noso espírito e celebra un dos elementos que confi guran a nosa galeguidade: a nosa lingua, a que conservamos, o vehículo no que expresamos e contamos as nosas tradicións.

Esta festa foi instituída pola Real Academia Galega en 1963 e celébrase o 17 de maio, o que se debe a que só cen anos antes foi publicado o primeiro exemplar das Cancións galegas de Rosalía de Castro, feito que é entendido como o primeiro fi to do Rexurdimento.

Cómpre ter en conta, ás veces non é malo considerar algúns feitos para centrarse obxectivamente no tempo pasado, e convén por iso subliñalo, que a Real Academia Galega fundada en 1906 desenvolvía as súas funcións en 1963, e exercéndoas, impulsó a celebración desta festa que pouco a pouco foi enraizando cada vez máis, ata ser hoxe un día de ledicia para os galegos que, celebrándoa, fortalecen a lingua moza que segue a ser hoxe, afortunadamente, o romance galego.

Xela Arias Lucense en calquera caso, deixou claro na súa vida un amor invariábel pola lingua galega, tan constante e vivamente expresado, que só por iso e merecente neste 2021 de ser o centro da celebración festiva, cultural e emotiva que é o día das letras.

Este ano é tamén o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, en cuxa casa na rúa Tabernas da Coruña está situada hoxe a sede da Real Academia, por ter sido legada a institución pola filla da Condesa de Pardo Bazán, Blanca Quiroga Pardo Bazán, condesa de Cavalcanti.

Dona Emilia, que foi presidenta de honra da Real Academia Galega, mantivo unha distante relación coa institución, ou mellor dito, con Murguía o seu primeiro presidente. Non conseguiu, como era a súa aspiración, acceder á Real Academia Española como numeraria a pesar de que o solicitou . Daquela non había ningunha muller na erudita casa. Foi en certa medida honrada a título póstumo este ano, simbolicamente, ‘sentándoa’ no inexistente —a corporación ten 46 membros— asento 47, seguindo o precedente da Academia Francesa que na súa figurada cadeira 41, ideada polo escritor Arsène Houssaye en 1855 foi asignada a autores que non foron recibidos nela por diversos motivos. Acolleu, entre outros, a Descartes, Molière, Pascal, De LaRochefoucauld, Rousseau, Diderot, Beaumarchais, Chénier, Honoré de Balzac, Alejandro Dumas (pai), Gautier , Flaubert, Stendhal, Nerval, Maupassant, Baudelaire, Émile Zola, Daudet, Marcel Proust, Gide, Jean Giraudoux ou Albert Camus.

Non foi a única muller rexeitada polo seu xénero. Antes diso tamén sucedeu coa escritora hispano-cubana Gertrudis Gómez de Avellaneda. E non foi ata 1977 cando unha muller entrou na institución e por conseguinte no Instituto de España, foi Carmen Conde. Ata 1980, cando Margarite Yourcenar foi incorporada, ningunha muller fora elixida membro da Academia Francesa, aínda que no Instituto de Francia estivo precedida por outra, Margarite Catherine Perey, descubridora do francio, que en 1962 foi elixida membro da Academia Francesa de Ciencias, unha honra nin sequera outorgada a Marie Curie.

É a historia, que descorre polas canles da sociedade de cada tempo. Este ano temos pois a ocasión, tamén grata e feliz, de celebrar que outra muller, Xela Arias, despois de María Vitoria Moreno Márquez, Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño, sexa o centro da festa cultural de Galicia.

Véspera de festa
comentarios