Opinión

Surf en madeira

O SURF en Galicia suma afeccionados desde hai décadas e na praia da Lanzada da man de Rodrigo Núñez ‘Trigo’ e Óscar Moraña ‘Pichi’ iniciouse unha viraxe ás orixes con Camiño do Río Surfboards. Nunha pequena carpintería constrúense artesanalmente pranchas de surf galegas feitas totalmente en madeira de freixo, balsa, samba e cedro vermello. Sergi Galanó de Flama surf, en El Maresme, xa leva anos sen empregar escuma de poliuretano e, máis aló das competicións e das grandes marcas, ese semella ser o camiño que respecta ao mar.

Comentarios